Queremos desmentir un bulo que chegou aos nosos oídos e que nos doe profundamente.
Ao parecer andan a dicir que a Asociación cobra 30€ por facer a alegación contra o PE Seixo nas charlas que levamos facendo por distintas parroquias as últimas duas semanas.
Aclarar que a Asociación non cobra absolutamente nada a ninguen nin por facer a alegación, nin por informarse, nin por consultar connosco calquera dúbida que poidan ter.
O que se queira facer socio da Asociación para apoiarnos, pode facelo libremente e aquel que non se queira asociar vámolo informar ou axudar igualmente.
Somos un grupo de veciños afectados que voluntariamente traballamos duro para defender as nosas propiedades e as de todos os veciños e veciñas que tamén queiran facelo, quitando o tempo das nosas propias vidas por algo que pensamos debemos defender, que é o continuar vivindo tranquilos no rural e preservalo para que as xeracións futuras poidan facelo tamén.