Buscar nesta web

 CONMEMORA O DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Carral conmemorará o Día do Medioambiente cunha ruta de sendeirismo polos Muíños de Batán. A actividade, organizada polas asociacións Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo e Brexa Custodia do Territorio en colaboración co Concello, terá lugar o vindeiro 2 de xuño.
A ruta planificada é lineal, sairemos dende os Muíños da Costa da Égoa ata a cápela de San Pedro de Rubieiro (uns 3,45 km aprox). Cada participante levará unha bolsa de lixo para ir recollendo os residuos que encontremos para concienciar sobre manteros limpos os nosos montes.
Son prazas limitadas. Para inscribirse hay que chear o formulario da seguinte ligazón FORMULARIO ANDAINA ou acceder a través do QR da imaxe.



 PARALIZACIÓN CAUTELAR DO PE MEIRAMA

Temos unha moi boa nova que compartir e é que o TSXG por fin comunicou a paralización cautelar do PE Meirama. Llevábamos agardando está nova xa moito tempo, e non é para menos, frear este parque é crucial para a contorna dos Concellos afectados e o Monte Xalo. Osto danos todavía mais forzas para seguir loitando e demostrar unha vez mais que a veciñanza podemos frear estes macroproxectos. 💪💪


 AXUDEMOS A FREAR O PROXECTO DE ALTRI

AXUDEMOS A PRESERVAR O MEDIOAMBIENTE

Alegacións dispoñibles premendo AQUI




 ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


MERCORES 03 DE ABRIL ÁS 19.30

LOCAL SOCIAL DE QUEMBRE



Paralizado cautelarmente o PE As Encrobas


Polo momento as máquinas non entrarán en Carral 💪 


Aínda queda moita loita por diente pero é unha batalla gañada e unha boísima nova






 Parque Eólico Miñón, en Bamiro, Vimianzo. Muíño de 179m. de altura e o vídeo está feito a 350m de distancia ao eólico. Con muíños de 200m de altura e a 500m das casas é imposible vivir con ese ruido todo o día...


 Isto non se pode permitir, gracias á denuncia presentada polo Sindicato Labrego Galego estase a investigar a corrupción que hai detrás dos proxectos eólicos en Galicia.

NON SEREMOS TERRA DE SACRIFICIO

Preme AQUÍ para ler a nova completa




 O sábado a Asociación estivo presente na Foliada celebrada na Coruña, puidemos informar da problemática dos parques eólicos que ameazan Galicia, vendimos lotería e outros artigas. Gracias por convidarnos a participar!!







MERCA A TÚA PARTICIPACIÓN DE LOTARIA DE NADAL DA ASOCIACIÓN SALVEMOS O VAL DE BARCIA E O MONTE XALO

Xa temos dispoñible a lotaría de Nadal da Asociación. Merca a túa participación e colabora para frear os proxectos eólicos que afectan ao Concello de Carral.
Este domingo estaremos no campo da feira cunha mesa informativa. Non o dubides, achégate!!





 Imaxe tomada dende un avión aterrizando no aeroporto de Alvedro que nos envía un socio. Se ampliamos a imaxe podemos ver a cantidade de eólicos que hai na zona da Serra do Xistral.
Non permitamos que continúen arrasando a nosa terra.

NON A USURPACIÓN DO TERRITORIO.
NON AO ESPOLIO EÓLICO.

A Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo estivo presente nas festas do Socorro. Gracias a todos os que colaboraron para facelo posible.





 Convocamos a todo aquel que queira informarse sobre o recurso contencioso-administrativo que a Asociación interporá contra o PE As Encrobas a Asemblea que celebraremos o luns 16 de outubro ás 19.00 no Local Social de Barcia.



 DESCUBREMEMENTO NOVO MENHIR NO MONTE XALO

¡¡¡Parabens ó noso compañeiro e socio!!!

Podedes acceder á nova compreta premendo na ligazón:

Menhir Caroliño





AUTORIZACION PE AS ENCROBAS

 

Hoxe sae publicado no DOG a autorización administrativa e de construcción do Parque Eólico As Encrobas que afecta ao Concello de Carral. Era xa un paso esperado e estamos preparados para afrontalo. Temos un equipo de traballo forte, os deberes feitos e o apoio do propio Concello de Carral. Nos próximos días impartieron charlas polas parroquias para informar da situación actual e llevaremos impresos os recursos de alzada para poñer fin a este proxecto. É importante unir forzas e non desanimarnos, temos moito a favor e moito que loitar. 💪🔥


Podes consultar o documento no seguinte enlace:

AUTORIZACION  AS ENCROBAS




 INFÓRMATE, AXUDA, COMPARTE... É UNHA LOITA DE TODOS

Aínda que a Xunta deu a súa aprobación a 75 dos 77 proxectos eólicos con Declaración de Impacto Ambiental Favorable non está todo dito, queda moito por pelexar e non nos imos rendir.

¡¡SOBRAN OS MOTIVOS PARA DICIR NON!!
¡¡NON SEREMOS TERRA DE SACRIFICIO!!


CHARLA INFORMATIVA: MACROEÓLICOS, HIDROELECTRICA REVERSIBLE, HIDROXENO VERDE, BIOGÁS

Gracias a todos os que puidechedes asistir á charla do venres
Gracias a toda a xente que desinteresadamente colabora connosco de distintos xeitos.
 Sentir ese apoio nos anima a seguir loitando día a día.



A Xunta autoriza 75 dos 77 parques eólicos con Declaración de Impacto Ambiental Favorable

Noticia completa neste enlace


Iremos informando nos próximos días das actuacións que levaremos a cabo.

Gracias a Petón do Lobo por preparar as alegacións en contra do proxecto da central hidroeléctrica de bombeo de Meirama


Toca de novo alegar, é a ferramenta mais poderosa que temos para loitar contra aqueles que queren facer de Galicia unha Terra de Sacrificio. Non o permitas, preme no enlace para descargar as alegacións


➡️ FIRMA E COMPARTE ⬅️


 GRAN SORTEO    

PAZO DE ESPERANTE (QUEMBRE)

1 NOITE + ALMORZO

Participa no sorteo dunha noite máxica no histórico Pazo de Esperante. Mais de 200 anos de historia rodeados de natureza.  Cantas mais papeletas merques mais posibilidades terás de gañar. ¡Non o dubides!



BASES LEGAIS

 MERCADILLO SOLIDARIO

Gracias a todos os que dalgunha forma participáchedes nesta iniciativa, doando, compartindo, colaborando, comprando etc. Sen dúbida foi unha xornada moi productiva na que o ambiente foi inmellorable. Gracias a SOS Encrobas por compartir connosco tamén este día e a todos os veciños e veciñas que se achegaron.