Grazas ó interese por escoitar os contos dos nosos maiores, os auténticos gardiáns da sabiduría da terra, o noso compañeiro Alexandre Castro Bello , guiado polas indicacións do seu avó, ven de atopar un estupendo grabado rupestre formado por un conxunto de coviñas e unha cruz de termo. Está situado no monte do Xalo, xusto nos antigos límites entre as parroquias de Quembre e Paleo.
É un achado moi importante, xa é o cuarto localizado dentro dos límites da poligonal do parque eólico que nos afecta.
Pouco a pouco imos dotando ó noso territorio dunha enorme cantidade de argumentos, tanto ambientais como culturais, para que sexa recoñecido o valor que nós pensamos que tanto merece. Parabéns para o compañeiro Xandre e ó seu avó pola descoberta!!