Buscar nesta web

 *RECAUDACIÓN DE FONDOS* 

Analizada a Declaración de Impacto Ambiental do Parque Eólico As Encrobas  aprécianse varias cuestións que parecen contrarias a dereito e poden ser resultado de comisión de delito por parte de funcionarios e/ou cargos da Administración.

Feita a análise parece oportuno iniciar unhas dilixencias previas vía penal ⚖⚖ para o que é preciso contratar os servizos de un avogado e de varios peritos. 👔👔

Xa dispoñemos de presuposto 💶💶 para iniciar o proceso e para varios informes técnicos 📊xa que urxe ⏳️⏰️ iniciar os trámites antes de que aproben o proxecto.

Por outra banda eses informes poderían servir para o caso de ir por vía contencioso-administrativa no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 🏛

Para todo isto é preciso dispoñer de fondos, por iso realizamos este chamamento 📢📢📢, entre todos unidos podemos paralos ⛔️, por pouquiño que pareza cada aportación suma!! ➕️💪💪

Se queres apoiar a *causa de todos* accede a _BarciaXalo.Gal_ ou contacta en _salvemosbarciaxalo@gmail.com

Gracias de anteman.🙏🏼🙏🏼

Un Saúdo,

 _Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo_

Núm.Conta da Asociación