NOTA ACLARATORIA
Debido a que en varias publicacións de mais de un xornal se nomea a un partido político en concreto vémonos na obriga de facer esta aclaración.
A Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo NON ESTÁ VINCULADA A NINGÚN PARTIDO POLÍTICO somos unha plataforma que naceu á causa da intención de instalar Macropolígonos eólicos na nosa contorna e que está formada por VECIÑOS afectados.
Xa se enviou aclaración aos medios de comunicación pedindo a aclaración respecto a este punto e dende a Asociación pedimos ENCARECIDAMENTE que a manifestación de maña sexa apoiada masivamente e se manteña allea a símbolos e consignas políticas de ningún tipo. Queremos deixar claro que este é un movemento puramente veciñal e social, preocupado polo noso entorno ambiental e patrimonial e pola calidade de vida nos nosos pobos e aldeas.
Pedimos disculpas a todo aquel que se sinta incómodo con este asunto e agradecemos a comprensión de todos.