Buscar nesta web
O NO viario prerroman das Travesas - Carral
No repertorio dos camiños de Villuga o lugar das Travesas (Beira - Carral) aparece nun vial principal dos camiños de antiga fundación que percorrían o noso territorio, a continuación do Hospital de Bruma e cara Coruña, o que determina o vínculo do Castro das Travesas directamente cunha vía de comunicación milenaria. Aínda que non fai falla que o dixera Villuga, pois As Travesas é un nó viario per se; nel conflúen as divisorias de augas das bacías hidrográficas de tres ríos, Anllóns, Mera e Tambre, as cales configuran as correspondentes vías de tránsito naturais que soportarán logo os camiños reais.