No Catastro de Ensenada (mediados do século XVIII) o deslinde da parroquia de Celas (Culleredo) pasaba pola Pedra Mazafacha: "de aquí a la piedra Mazafacha, y va en derechura al foxo y ojo de la fuente de las Brañas do Torreiro, piedra de Santa Marta [...]".
Non atopamos indicio algún de que o nome antigo da pedra levase o nome de "Maza da Facha", como se di nun artigo publicado en La Voz de Galicia o 24 de novembro de 2016 ("La piedra Mazafacha, un enclave poco conocido y plagado de leyendas", S. G. Rial). O máis probable é que o seu nome e o da Pedra Fachada (Catastro de Ensenada - deslinde de Queixas (Cerceda)) proveñan do latín fracta, "partida", o mesmo étimo que dá fecha, "pequena fervenza".