Buscar nesta web

 BOÍSIMA NOVA

*DEROGADO EL RDL 7/2025!!!*
Nos congratula informaros de que el RDL 7/2025 ha sido derogado en el Congreso de los Diputados, ayer, día 22 de Julio 2025.
*Queda por lo tanto, sin efecto.*
Este RDL 7/2025, pretendía que los hitos temporales, establecidos por el propio Ministerio de Transición Ecológica, no afectaran a las promotoras de macroproyectos por las medidas cautelares de suspensión judiciales y administrativas. Con la pretensión de algo insólito en Derecho, nunca antes visto: que entrara en vigor, incluso antes de que se publicara en el BOE.




 Queremos desmentir un bulo que chegou aos nosos oídos e que nos doe profundamente.
Ao parecer andan a dicir que a Asociación cobra 30€ por facer a alegación contra o PE Seixo nas charlas que levamos facendo por distintas parroquias as últimas duas semanas.
Aclarar que a Asociación non cobra absolutamente nada a ninguen nin por facer a alegación, nin por informarse,  nin por consultar connosco calquera dúbida que poidan ter.
O que se queira facer socio da Asociación para apoiarnos, pode facelo libremente e aquel que non se queira asociar vámolo informar ou axudar igualmente.
Somos un grupo de veciños afectados que voluntariamente traballamos duro para defender as nosas propiedades e as de todos os veciños e veciñas que tamén queiran facelo, quitando o tempo das nosas propias vidas por algo que pensamos debemos defender, que é o continuar vivindo tranquilos no rural e preservalo para que as xeracións futuras poidan facelo tamén.

CHARLA INFORMATIVA PE SEIXO
LOCAL SOCIAL AS TRAVESAS 
XOVES 10 DE XULLO ÁS 20.00


INSCRICIÓNS PECHADAS

 A Asociación ten programada una andaina o próximo sábado 5 de Xullo para coñecer a zona onde está previsto construir a balsa superior do proxecto do embalse reversible.
Será un traxecto lineal duns 4,5km durante o cal poderemos ver as marabillas da zona coma o nacenento do Anllons, o Rego do Biduido, a Pedra de Santa Marta, os petroglifos do Altariño ou o recentemente descuberto Menhir Caroliño.
Para preservar a fauna e flora local ás prazas serán limitadas a un máximo de 30 personas. Podes inscribirte e ver as bases de participación na andaina lendo o código QR do cartel ou no enlace



 CHARLAS INFORMATIVAS PE SEIXO

Achégate a calquera das charlas que Temos programadas para a próxima semana para informarte sobre o Parque Eólico Seixo, que foi publicado no BOE o 19 de xuño e afectanos aos veciños de Carral, Abegondo, Cerceda e Laracha.
Ademáis de intentar resolver as túas dúbidas tamén poderás asinar as alegacións ao proxecto, gracias, coma sempre, a inestimable axuda e ao gran traballo da Asociación Petón do Lobo.



 NOVA AMEAZA SOBRE O VAL DE BARCIA

Case catro anos despois e aínda sen resolver o recurso contra o PE As Encrobas, volven a atacar ao rural. 
Un novo PE, O Seixo, cunha poligonal descomunal ameaza a vida dos veciños de Carral, Cerceda, Abegondo e Laracha.
Catro anos despois estamos mais preparados e seguimos con forzas para loitar e defender o noso territorio.
Estamos preparando charlas informativas e alegacións para frear este novo proxecto.




 Gracias a todos os que nos visitaron no posto da Festa do Pan, a todos os que nos convidaron con doces ou froita, aos que compraron ou doaron para facer mais levadero o tempo no posto.





A Asociación terá presencia de novo este ano na Festa do Pan
 Animadevos a visitar a nosa mesa informativa e a mercar algún dos artigos de segunda man que teremos no mercadiño solidario.


 NORABOA E A SEGUIR LOITANDO POLO NOSO TERRITORIO 

Enlace á nova completa preme AQUí



 NON a privatización da auga
NON a destrucción do medioambiente 









 Artigo da nosa Asociación publicado na Voz de Galicia ao carón dun artigo da Patronal Eólica. 

A nova completa a tendes no seguinte enlace: 

Artigo Asociación



 Grazas ó interese por escoitar os contos dos nosos maiores, os auténticos gardiáns da sabiduría da terra, o noso compañeiro Alexandre Castro Bello , guiado polas indicacións do seu avó, ven de atopar un estupendo grabado rupestre formado por un conxunto de coviñas e unha cruz de termo. Está situado no monte do Xalo, xusto nos antigos límites entre as parroquias de Quembre e Paleo. 

É un achado moi importante, xa é o cuarto localizado dentro dos límites da poligonal do parque eólico que nos afecta.

Pouco a pouco imos dotando ó noso territorio dunha enorme cantidade de argumentos, tanto ambientais como culturais, para que sexa recoñecido o valor que nós pensamos que tanto merece. Parabéns para o compañeiro Xandre e ó seu avó pola descoberta!!



 A Opinión faise eco da asemblea que tenemos este sábado no local social de Quembre a partir das 11. 




Animamosvos a asistir ás Asembleas Extraordinaria e Ordinaria Anual que celebraremos o vindeiro sábado 15 de febreiro a partir das 11 no local social de Quembre. 
Entre outras cousas explicaremos con se encintra o proceso do PE As Encrobas que amenaza Carral.




 


Queremos comunicarvos que o 13-09, a nome da asociación, foi recibido o auto polo cal o TSXG desestima o recurso interposto pola Xunta de Galicia en contra da paralización cautelar do P.E Encrobas.
As razóns principais desta decisión baséanse no valor e o bo criterio dos diferentes informes aportados pola nosa asociación e que demostran que a realización do proxecto eólico suporía un dano ambiental irreversible na contorna.
Sendo moi prudentes, e ante a falta de poder acabar de interpretar os máis pequenos detalles do auto, podemos considerar esta resolución cómo unha grande victoria nos tribunais, e aínda que non supoña polo momento unha paralización definitiva do proxecto, sí que nos achega moi preto do noso obxectivo.
Dende a directiva queremos destacar o grandísimo traballo realizado polos compañeiros dos diferentes grupos de traballo, que con moito esforzo e un compromiso inquebrantable conseguiron recursos para que poidamos plantar cara a un xigante como Naturgy e á propia Xunta. 
Grazas tamén a todo o colectivo, a tódolos socios, polo apoio e a confianza posta nas persoas que imos tomando as decisións, ós que cómo lle pode pasar a calquera, ás veces cometemos erros e outras temos acertos, máis o verdadeiro acerto foi xuntarnos todos e facer ver que xuntos somos fortes e podemos defendernos. 
Así Non van vir.

 

As Asociacións ambientais de Carral, Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo e Brexa Custodia do Territorio, en colaboración co Concello de Carral, organizaron unha andaina para conmemorar e festexar o día do medioambiente.

Este domingo 2 de xuño as Asociacións ambientais de Carral, Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo e Brexa Custodia do Territorio, en colaboración co Concello de Carral, organizaron unha andaina para conmemorar e festexar o día do medioambiente na que participaron 50 persoas.

A ruta iniciouse nos Muíños do Batán onde os guías falaron da importancia do patrimonio e a flora e fauna protexidas da zona altamente afectados polo proxecto para a construción do parque eólico de As Encrobas. Ao mesmo tempo que se reivindicaron os valores naturais e as especies que compoñen o Enil do Río Abelleira se propuxo a posibilidade de iniciar unha nova figura de protección en Carral para o Alto Barcés debido tamén ós seus altos valores naturais e á biodiversidade da zona.

O percorrido continuou ata a Capela de San Pedro de Rubieiro, dende onde se gozan dunhas vistas espectaculares do Val de Barcia, e, durante o mesmo, os participantes foron recollendo o lixo e desperdicios atopados polo camiño para fomentar e lembrar a importancia de manter limpos os montes e os espazos naturais. Xa ao remate da actividade todo aquel que quixo quedou a comer nas mesas dispostas neste fermosísimo enclave ao pe da Capela que conta con mais de catro séculos de antigüidade.








 CONMEMORA O DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Carral conmemorará o Día do Medioambiente cunha ruta de sendeirismo polos Muíños de Batán. A actividade, organizada polas asociacións Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo e Brexa Custodia do Territorio en colaboración co Concello, terá lugar o vindeiro 2 de xuño.
A ruta planificada é lineal, sairemos dende os Muíños da Costa da Égoa ata a cápela de San Pedro de Rubieiro (uns 3,45 km aprox). Cada participante levará unha bolsa de lixo para ir recollendo os residuos que encontremos para concienciar sobre manteros limpos os nosos montes.
Son prazas limitadas. Para inscribirse hay que chear o formulario da seguinte ligazón FORMULARIO ANDAINA ou acceder a través do QR da imaxe.



 PARALIZACIÓN CAUTELAR DO PE MEIRAMA

Temos unha moi boa nova que compartir e é que o TSXG por fin comunicou a paralización cautelar do PE Meirama. Llevábamos agardando está nova xa moito tempo, e non é para menos, frear este parque é crucial para a contorna dos Concellos afectados e o Monte Xalo. Osto danos todavía mais forzas para seguir loitando e demostrar unha vez mais que a veciñanza podemos frear estes macroproxectos. 💪💪


 AXUDEMOS A FREAR O PROXECTO DE ALTRI

AXUDEMOS A PRESERVAR O MEDIOAMBIENTE

Alegacións dispoñibles premendo AQUI




 ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


MERCORES 03 DE ABRIL ÁS 19.30

LOCAL SOCIAL DE QUEMBRE



Paralizado cautelarmente o PE As Encrobas


Polo momento as máquinas non entrarán en Carral 💪 


Aínda queda moita loita por diente pero é unha batalla gañada e unha boísima nova






 Parque Eólico Miñón, en Bamiro, Vimianzo. Muíño de 179m. de altura e o vídeo está feito a 350m de distancia ao eólico. Con muíños de 200m de altura e a 500m das casas é imposible vivir con ese ruido todo o día...


 Isto non se pode permitir, gracias á denuncia presentada polo Sindicato Labrego Galego estase a investigar a corrupción que hai detrás dos proxectos eólicos en Galicia.

NON SEREMOS TERRA DE SACRIFICIO

Preme AQUÍ para ler a nova completa




 O sábado a Asociación estivo presente na Foliada celebrada na Coruña, puidemos informar da problemática dos parques eólicos que ameazan Galicia, vendimos lotería e outros artigas. Gracias por convidarnos a participar!!